INTERPRETACIÓN REMOTA

INTÉRPRETES PROFESIONAIS PARA EVENTOS EN LIÑA

INTERPRETACIÓN SEN DESPRAZAMENTO

Porque a distancia non debería ser nunca un problema

A solución máis rápida e económica, co noso servizo de interpretación simultánea remota “chave en man”, compatíbel con todas as plataformas de videochamada (Zoom, Teams etc.) e sen necesidade de equipamentos técnicos. Para reunións, conferencias, seminarios ou sesións de formación, presenciais ou non, os nosos intérpretes interpretan desde unha localización remota, o que che aforra gastos de desprazamento, aloxamento e equipamentos.

SABEMOS O QUE NECESITAS

O noso proceso de reserva de intérpretes

Consulta e orzamento

Dinos o que é que necesitas e asesorarémoste.

Reserva do intérprete

Seleccionamos ao intérprete(s) e configuramos a plataforma e as canles.

Prestación do servizo

Facilitador en liña para dar instrucións e resolver incidencias.

Campos de especialización

Áreas e recintos nos que interpretamos

Conferencias, seminarios, reunións, visitas e sesións de formación en liña sobre diversos temas académicos e técnicos.
Académicos e científicos
Interpretación remota en conferencias e seminarios académicos 100%
Técnicos e industriais
Interpretación remota en formacións, visitas a fábricas e feiras 100%
Xurídicos e financeiros
Interpretación remota en arbitraxes con audiencias en liña 100%
POR QUE CONFÍAN EN NÓS OS GOBERNOS

As multinacionais e os organismos internacionais confían en nós

Somos provedores oficiais de servizos de interpretación da Unión Europea e outras organizacións internacionais e compañías multinacionais.

Eventos nos que interpretamos

Congresos e conferencias

Interpretación simultánea remota con entrega in situ de dispositivos de escoita.

Reunións en liña

Interpretación remota con asistente técnico a través de Zoom ou Teams.

Seminarios web

Interpretación simultánea remota a través de canles de Zoom ou Teams.

Formación en liña

Interpretación remota con escoita desde o propio dispositivo do alumno.

Audiencias de arbitraxes

Interpretación remota en arbitraxes con audiencias celebradas en liña.

Xuntas de accionistas

Interpretación simultánea remota nas xuntas de accionistas celebradas en liña.

Videochamadas

Interpretación en videoconferencias ao estranxeiro para consultas ou solicitudes.

Entrevistas en liña

Interpretación para entrevistas de traballo, reunións de negocios, citas médicas...

Calcula o teu orzamento ao instante

Queres facer a reserva do teu intérprete remoto?