En reunións e visitas comerciais, conferencias ou seminarios, ofrecemos tradución verbal inmediata entre diferentes idiomas. Nos últimos quince anos, fomos creando unha rede de arredor de 200 intérpretes con múltiples nacionalidades e cualificacións que garanten unha dispoñibilidade total en diferentes combinacións lingüísticas e áreas temáticas, principalmente en España e Portugal, pero tamén no resto de Europa, Asia e América.
Dinos o que é que necesitas e asesorarémoste.
Seleccionamos o intérprete ou intérpretes e os equipamentos necesarios.
Coordinación in situ do equipo lingüístico e técnico.
Interpretación simultánea desde cabinas de interpretación fixas ou portáteis.
Interpretación simultánea con dispositivos ou interpretación consecutiva con pausas.
Interpretación xeralmente consecutiva, con pausas entre preguntas e respostas.
Interpretación de acompañamento e ligazón para unha persoa ou delegación.
Interpretación consecutiva desde o stand dunha persoa ou delegación comercial.
Interpretación simultánea con dispositivos ou interpretación consecutiva con pausas.
Interpretación consecutiva de documentos xurídicos lidos perante notario.
Interpretación consecutiva de testemuños en procedementos xudiciais.